APROVEITA A ENERXÍA DO SOL

Deseñamos e creamos instalacións solares fotovoltaicas de autoconsumo tanto para fogares como para o sector industrial, realizando un estudo enerxético previo para adecuar a instalación ás necesidades de cada fogar ou empresa.

Solarz constrúe a túa propia instalación solar fotovoltaica para que xeres no teu propio fogar ou negocio a enerxía eléctrica que necesitas a partir do sol, unha fonte enerxética renovable e gratuíta.

Abre a porta ó autoconsumo fotovoltaico.

O autoconsumo eléctrico permite a calquera persoa ou empresa producir e consumir a súa propia electricidade instalando no seu fogar, local ou comunidade de veciños placas solares fotovoltaicas ou outros sistemas de xeración renovable.

Aforra.

Aforra na factura da luz dende o primeiro día. O autoconsumo fotovoltaico pode aportar ata o 90% da enerxía eléctrica que consumes. Producindo un aforro de entre o 50% e o 80% na factura da luz.

Independízate.

Non dependerás das subidas de prezo do mercado eléctrico.

Non hai nigún coste engadido despois de realizar a instalación, non tes que pagar mes a mes por tela nin pagar ningún tipo de imposto. Unha vez decides pasarte á enerxía solar fotovoltaica o único gasto que tes que asumir é a inversión da instalación propiamente dita.

Reduce.

Non só reducirás a túa factura eléctrica, reducirás a túa pegada de carbono. O sol é unha fonte enerxética renovable, limpa e gratuita coa que axudarás a conseguir unha sociedade máis xusta e ecolóxica.

Imos explicarche como é o proceso desde que decides poñerte en contacto connosco para contar cunha instalación fotovoltaica na túa vivenda ou negocio ata que tes as túas placas solares funcionando:

O primeiro paso é deseñar a instalación fotovoltaica ideal en base ao teu consumo enerxético e o espazo dispoñible na túa vivenda ou negocio. En Solarz presentámosche un estudo que inclúe o orzamento da instalación, unha simulación da túa factura para que vexas canto vas aforrar e a amortización do teu investimento. Isto é algo que en Solarz facemos de maneira gratuíta, podes solicitar o teu estudo aquí.

Estudo enerxético.

Aquí hai dous documentos que sempre hai que obter:

  • Licenza de obras. Previamente a realizar a montaxe da instalación na túa vivenda ou negocio, consúltase a normativa do Concello e solicítase a Licenza de Obras, que no caso de Galicia é en forma de Declaración Responsable.

  • Código de autoconsumo ( CAU). Solicitámolo á compañía eléctrica distribuidora.

Trámites administrativos.

Unha vez realizada a instalación realízase o Certificado de Fin de Obra e comunícase á Administración para que así se rexistre e quede legalizada a instalación.

Rexistro da Instalación Fotovoltaica.