Deseñamos, instalamos, mantemos e auditamos.
Instalacións fotovoltaicas para fogares e industrias.
Construímos a túa instalación solar fotovoltaica para que xeres no teu fogar ou negocio a enerxía eléctrica que necesitas a partir do sol, unha fonte enerxética renovable e gratuíta.
MANTEMOS A TÚA INSTALACIÓN
Levamos a cabo o mantemento da túa instalación fotovoltaica cun plan deseñado a túa medida.
BÁSICO OU “MALOSERÁ”
-
o Monitorización Instalación
Revisión do correcto funcionamento da instalación a través do portal de monitorización web cada 2 días para confirmar que se produce a enerxía que se debe producir. Ante a detección de calquera anomalía, os técnicos se porán en contacto co titular para solucionala en remoto.
o Informe de Produción Anual
Análise da enerxía producida e comparativa con anos anteriores para un maior control do estado da instalación fotovoltaica.
o Soporte Técnico en Remoto
Servizo de atención directo a través de chamada, videochamada ou Whatsapp cos técnicos de Solarz para atender as incidencias que se poidan producir na instalación fotovoltaica. Servizo de luns a xoves de 8:00 - 17:00 horas e venres de 8:00 - 14:00 horas.
o Xestión de Garantías
O mantedor encargarase de facer uso do servizo de garantía dos equipos fotovoltaicos instalados na vivienda do titular no caso de que fose necesario e mentres estes estean en período de garantía do fabricante.
-
O prezo é de 75,00€ ó ano + IVE
ESTÁNDAR OU “NON VAIA A SER O DEMO”
-
Está incluido todo o do Plan Básico ou “Maloserá” máis:
o Limpeza Anual das Placas Solares
Servizo de limpeza profesional das placas solares da instalación fotovoltaica.
-
O prezo é de 175,00€ ó ano + IVE
CONFORT OU “MÁIS LISTO QUE UN ALLO”
-
Está incluido todo o do Plan Estándar ou “Non vaia a ser o demo” máis:
o Asistencia Técnica na Vivenda
No caso de producirse unha incidencia da instalación fotovoltaica que non se poida solucionar en remoto, o persoal do mantedor se desplazará á planta fotovoltaica para tratar de solucionala. O prazo máximo da realización da visita á planta será de 48h en incidencias urxentes e 1 semana en incidencias non urxentes
o Análise da factura eléctrica
Servizo de revisión, comparación e asesoramento das compañías eléctricas para maximizar o aforro do suministro de luz coa instalación fotovoltaica. Análise independente ao non estar vinculados a ningunha compañía eléctrica.
o Mantemento Anual
Mantenimiento completo baseado nos datos recompilados da monitorización da instalación fotovoltaica durante todo o ano, programando mantementos preventivos e, en caso de ser necesario, realizándose accións correctivas. Inclúese, como mínimo, unha visita anual á planta fotovoltaica na que o mantedor realizará unha limpeza dos módulos fotovoltaicos e revisión de máis de 30 puntos da instalación, anticipando así posibles fallas ou atopándoas nun momento inicial.
o Informe do Mantemento Anual
Informe detallado no que se describe o proceso de mantemento realizado na instalación fotovoltaica durante todo o ano, co desglose das tarefas levadas a cabo e as métricas de producción da instalación.
-
O prezo é de 275,00€ ó ano + IVE
Precisas dunha auditoria?
Realizamos unha visita técnica para facer unha revisión completa da túa instalación fotovoltaica e detectar ás deficiencias da mesma.
O custe dunha auditoría técnica para unha instalación residencial é de 150,00 € + IVE (desprazamento non incluido).
No caso de instalacións industriais realizase un presuposto a medida.