“Ou cooperamos ou perecemos”
Dende Solarz queremos facer balance da pasada Conferencia de Nacións Unidas en Exipto. O obxectivo desta COP27 era pasar das negociacións a aplicación das promesas e compromisos acordados en Glasgow o ano pasado. Despois de intensos días de negociación a sensación é como case sempre un pouco agridoce.
O que si este ano quedou claro é que a humanidade e o planeta se encontran nun punto moi delicado, así o afirmaba Antonio Guterres, Secretario Xeral da ONU, que na súa intervención nos deixaba con frases sobre as que reflexionar:
“Estamos nunha autoestrada cara ao inferno climático co pé no acelerador” / "A actividade humana é a causa do problema e a acción humana debe ser a solución” (Antonio Guterres, COP27 2022)
Ou como ben indica o título desta entrada “Ou cooperamos ou perecemos”. Como medidas que se aplaudimos dende aquí está ou Fondo de Perdas e Dános, un fondo económico para axudar vos países mais afectados e vulnerables fronte ou cambio climático, que son neste caso países en vía de desenvolvemento. Aínda que esta proposta é un gran avance, ten moitos baleiros como por exemplo: canto diñeiro investirase a este plan e sobre todo que países ou achegarán.
Pero una das tarefas máis importantes que quedou sen abordar na súa totalidade nesta edición da conferencia foi a eliminación progresiva de todos os combustibles fósiles, que non se reflicte no texto do Plan de Implantación. Ningún dos grandes países emisores, como Estados Unidos ou China, deu un paso á fronte para frear a dependencia cara a esta clase de enerxía.
Aínda que dende Solarz sabemos que os grandes cambios teñen que vir das grandes potencias tamén sabemos as acción locais poden producir un efecto bolboreta, por iso somos apoiamos todas as iniciativas cara unha transición enerxética sostible en todo planeta. Tomar conciencia e actuar son claves para poñer freo o cambio climático.
E entón, qué podemos facer?
Facer unha transición no noso fogar ou negocio cara a enerxías limpas e renovables, como a solar fotovoltaica, é clave para contribuír e axudar a mitigar a crise climática. A enerxía solar é inesgotable e sobre todo non produce gases de efecto invernadoiro, polo que non contamina e é respectuosa co medio ambiente. Abandonar os combustibles é clave e cos paneis solares no teu fogar e negocio estás a contribuír a que esta transición enerxética sexa posible. Pero ademais aforrarás diñeiro, ata un 80% na túa factura mensualmente, e sabemos que evitar sorpresas a fin de mes e co inverno xa nas nosas portas é importante para todos, fogares e negocios.
En Solarz non cansámonos de dicir “tellado a tellado” imos abrindo camiño para unha Galicia máis verde e un mundo máis sostible. Dende ou local ou global, ou cooperamos ou perecemos
Solicita o teu estudo enerxético gratuíto e converte o teu fogar ou negocio nunha fonte de enerxía.