Solarz na Radio Galega

Cal é o custe medio dunha instalación solar? Canto tempo se precisa para amortizar esta inversión? Pódense instalar placas solares nunha comunidade de veciños? Paga a pena? Resolvemos todas estas cuestións en directo na Radio Galega.

Este xoves 31 de agosto, contactou con nós Helena Soto, do programa A Tarde de verán na Radio Galega. Tratamos todo tipo de temas relacionados coa enerxía solar y as instalacións solares fotovoltaicas, de forma que o oínte poida deixar resoltas as súas dúbidas máis básicas sobre esta forma de produción de enerxía, que para algúns ten aínda tantas incógnitas.

É xa un feito que as instalacións solares contan con numerosas vantaxes e prestacións que fan que cada vez máis persoas e empresas aposten por elas. O gran aforro que supoñen na factura da luz e a rápida amortización que ten como inversión, convirte ás instalacións solares nun imprescindible nas vivendas de nova construción, así como en grandes empresas con elevados custes de electricidade. Sen embargo, se ti es dos que non o ven claro, quédate coa entrevista e vemos se resolvemos as túas dúbidas.

Tamén podedes escoitar o programa completo aquí.

Recorda que se queres empezar a aforrar e sumarte ao cambio das enerxías limpas déixanos os teus datos e faremos un estudo enerxético gratuíto da túa casa ou local neste enlace:

Lembra que o estudo é totalmente gratuíto e sen compromiso.

Lémonos na próxima entrada,

O Equipo de Solarz. 

Anterior
Anterior

Viaxamos a Israel e Alemania para coñecer as fábricas de SolarEdge e SMA

Siguiente
Siguiente

Que é a “batería virtual” ou “peto virtual”?