Carmen e a súa familia autoconsumen enerxía das súas placas solares.

 
WhatsApp Image 2020-02-22 at 19.50.11.jpeg

Contan na súa casa cunha instalación de 2,4 kWp de potencia formada por 6 placas solares. Debido o contentos que están na casa, contactaron con nós de novo para que lle instalásemos unha batería de litio de última xeración de 5 kWh e así aumentar aínda máis o seu autoconsumo. A enerxía solar producida e non consumida durante o día almacénase na batería para ser utilizada durante a noite.

“Estamos encantados coa instalación, pasamos de pagar 150 € de luz o mes en verán a pagar 20 €. Agora ampliamos a instalación poñendo unha batería de 5 kWh que se pode ampliar se queremos no futuro.” — CARMEN PÉREZ