Menos é mais

O comezo dun novo ano sempre é unha boa escusa para facer cambios na nosa vida como iniciar un proxecto que tiñamos esquecido ou darlle unha volta a rutina. Sabemos que entre os vosos propósitos do 2022 está ser máis sostibles, por iso en Solarz queremos compartir 5 cousas que podes facer este 2022 reducir a túa pegada de carbono e axudar así a frear o cambio climático.

  • Consumo enerxético. O principal productor de gases de efecto invernadoiro é o sector enerxético, por eso reducir o consumo de enerxía é crucial.. “Ao redor de dous terzos das emisións de gases de efecto invernadoiro mundiais están ligadas á queima de combustibles fósiles que se usan para calefacción, electricidade, transporte e industria.” (fonte Agencia Europea del Medio Ambiente). Que podes facer? Reducir o consumo na túa casa ou negocio, optar por comercializadoras eléctricas de enerxías renovables, empregar electrodomésticos de maior eficiencia enerxética (A++, A+ e A), e por suposto sempre que poidas inverte en enerxía solar fotovoltaica no teu fogar e negocio, ademais de reducir a túa pegada de carbono podes chegar a aforrar ata un 80% cada mes na túa factura.

  • Mobilidade. O transporte é outro dos principais causantes do cambio climático. Que podes podes facer ti? Se podes ir camiñando non utilices o coche, sempre que poidas opta polo transporte público e se tes que viaxar escolle o tren antes que o avión.

  • Xestión dos residuos. Sabes cantos residuos xera un español de media? Dacordo cos datos da última enquisa realizada a media en España é de 476 kilos por persoa. O problema está en como se xestionan estes residuos, a realidade é que por moito que separemos só chega a reciclarse o 25% dos plásticos (os máis contaminantes), o resto acaban no vertedeiro. Así que o importante é reducir e reutilizar, xa que o 100% da reciclaxe é imposible.

  • Alimentación. Sabemos que o tema das macrogranxas está na boca de todos e aínda que non queremos botar máis leña o fume os datos falan por si mesmos: “O 19% das emisións globais de gases de efecto invernadoiro están provocadas pola gandería.” (fonte Greenpeace 2021). O que se trata é de de reducir o noso consumo de carne.

  • Auga. Aínda que somos galegos e estamos acostumados a vivir rodeados de auga, o certo é que reducir o consumo é outra das accións que de maneira individual podes levar a cabo para ser máis sostible. Só o un 1% de auga do planeta é doce é accesible, as secas serán a principal causa de emigración climática por iso reducir o consumo é fundamental, se podes ducharte en 2 minutos e medio en vez de en 5 poderías estar aforrando 23 litros de auga.

Sabemos que os grandes cambios teñen que vir dende arriba pero como individuos as nosas accións tamén contan:

A forma máis común na que a xente renuncia o seu poder é pensando que non o ten. (Alice Walker, escritora e activista)

Como conclusión: menos é mais, tratase de reducir o noso impacto a través de moitas vías, de repensar un pouquiño a maneira en que vivimos para coidar do noso planeta. Dende Solarz sentímonos orgullosos de seguir transformando casas en fogares máis sostibles, familias que aforran cartos cada mes e axudan cos seus paneis a redución das emisións.

Anterior
Anterior

Unha nova alianza

Siguiente
Siguiente

Un ano no que medramos xuntos