Un ano no que medramos xuntos

O último mes do ano sempre é un bo momento para tomar aire e reflexionar. Doce meses parecen moito e case sempre pasan voando, é neste 2021 que está a piques de rematar, en Solarz botamos a vista atrás é quedamos abraidos de todo o que fixemos, e por iso neste último post do ano queremos agradecervos por confiar en nós e sobre todo darvos as grazas por apostar pola enerxía solar fotovoltaica nos vosos fogares e negocios.

Aquí un resumo do que conseguimos:

  • Mais de 500 módulos fotovoltaicos instalados en vivendas galegas nas catro provincias

  • Mais de 75 toneladas de CO2 que deixaranse de emitir grazas a estas novas instalacións

A isto hai que sumar os cartos que os nosos clientes empezaron a aforrar grazas a que agora utilizan a enerxía do sol para acender a luz, ver a tele ou cargar o móbil.

Canto CO2 conseguirmos aforrar?

As veces é difícil entender o impacto que as nosas accións teñen sobre o noso entorno, sobre todo cando falamos de contaminación, por iso pensamos que con esta imaxe enténdese mellor o que os vosos fogares e negocios con paneis solares estan a facer polo medio ambiente.


Este ano foi un ano de seguir aprendendo, de crecemento sostido e sostible, pero sobre todo un ano no que collemos o impulso e as forzas para un 2022 que se presenta como un ano de consolidación do que pretendemos acadar con Solarz. Neste 2021 incorporouse Inés ao noso equipo, cambiamos o teletraballo por unha pequena oficina e ademais fixemos unha gran reorganización do noso almacén para poder acoller mais material co que poder dar vida a os novos e ilusionantes proxectos que temos para o 2022. Pero sobre todo, neste ano reafirmámonos no noso obxectivo de facer as cousas a modiño, “tellado a tellado”. Afrontamos o 2022 como un reto para seguir facendo as cousas a nosa maneira, sempre traballando o carón dos nosos clientes, implicándonos con agarimo en cada instalación e proxecto coma se fose a nosa propia casa ou negocio.

Galicia ten unha oportunidade de ouro para seguir apostando forte pola enerxía solar. Este ano que se pecha creceu o número de persoas que apostan pola enerxía solar fotovoltaica tanto a nivel industrial como residencial. A industria precisa seguir sendo competitiva nos seus negocios e para a maioría é imprescindible ter unha instalación fotovoltaica para acadar este obxectivo. Nos fogares o crecemento foi mais notable e supuxo un cambio de paradigma: “unha instalación para unha casa xa non se ve como algo caro, porque non o é, é unha oportunidade de ser mais independente, consciente e por suposto aforrar cartos.”

Como din o grupo de rock galego “Os Resentidos”: fai un sol de carallo! E os galegos queremos aproveitalo.

Grazas por confiar e Feliz 2022!

Andrés, Moisés, Suso e Inés.

Anterior
Anterior

Menos é mais

Siguiente
Siguiente

A enerxía solar, unha peza clave para frear o cambio climático