A enerxía solar, unha peza clave para frear o cambio climático

O pasado sábado terminou a COP26, a cume do clima que reuniu en Glasgow a máis de 200 países que tentaron sen moito éxito chegar a un acordo internacional para poñer freo a este cambio climático que xa estamos vivindo. Dende Solarz sabemos que a enerxía solar non só é unha via de aforro para os fogares e negocios, senón que é unha das pezas clave da transformación enerxética que debemos facer para diminuír o uso dos combustibles fósiles.

Como imos darlle a volta á tortilla?

O importante é limitar o aumento do temperatura global a 1,5º antes de que termine o século. Non parece moito, non? A realidade é que estamos no 2021 e a temperatura xa aumentou un 1,1%. Queda un longo camiño e moitas realidades a ter en conta, pero imos por partes que a esperanza é o último que se perde.

Que se pode facer para reducir a temperatura globlal do planeta?

Para conter esta subida da temperatura global temos que reducir a emisión dos gases de efecto invernadoiro como o CO2 (quema de combustibles fósiles) ou metano (ganadería e eliminación de refugallos). E se algo podemos aportar dende Solarz é a cambiar pasiño a pasiño o modelo de produción da enerxía que precisamos para cargar o móvil, cociñar, ver a televisión ou quentar a casa.

Como podes contribuír?

Pois empregando enerxías limpas e renovables como a solar fotovoltaica na túa casa ou negocio. A enerxía do sol é inesgotable e non produce gases de efecto invernadoiro. Lembra que a vida útil dunha instalación solar é duns 30 anos e podes aforrar de maneira mensual ata un 80% na túa factura. Se non podes instalar módulos solares na túa casa ou negocio, sempre podes contribuír empregando unha compañía eléctrica que produza a enerxía con fontes 100% renovables como a solar ou a eólica, queres saber cales hai en España? Aquí deixámosche unha ligazón.

Para frear o aumento da temperatura global, temos que deixar os combustibles fósiles e producir enerxía con fontes limpas e inesgotables como o sol.

Aínda que os acordos da COP26 non son vinculantes si que marcan un camiño a seguir para que cada país o adapte a súa realidade. En calquer caso a enerxía solar posiciónase como una vía clave para acadar obxectivos marcados, así o afirmou o presidente da Global Solar Council, José Donoso quen reinvindicou na cume do clima de Glasgow o papel clave da enerxía solar fotovoltaica:

"La energía solar fotovoltaica no sólo es barata y limpia, sino que también es muy versátil. Puede llevar electricidad allí donde los medios convencionales han fracasado, puede cambiar la vida de la gente, y esto nos enorgullece"

Esta cume do clima terminou con boas intencións e cuns acordos un tanto difusos. Pero non todo está perdido e sabemos que os grandes cambios sempre comenzan con pequenos pasos. En Solarz traballamos “tellado a tellado”, e así imos abrindo camiño cara un mundo máis sostible.

Queres unirte ao cambio? Solicita o teu estudo enerxértico gratuito e convirte a túa casa ou negocio nunha fonte de enerxía.

Anterior
Anterior

Un ano no que medramos xuntos

Siguiente
Siguiente

Canto se tarda en amortizar unha instalación?