A importancia da orientación
Saber orientarse ben non só é fundamental para non perderse nesta vida, senón tamén para aforrar na factura da luz. Sabías que o maior gasto dentro da túa factura está destinado a manter unha temperatura e iluminación agradable dentro dunha casa? Unha mala orientación pode facer que o gasto enerxético aumente nun 70%. Se estás a pensar en comprar ou facer unha casa debes de ter isto moi en conta, non só aforrarás na factura senón que tamén estarás a contribuír diminuír as emisións de CO2. Se xa tes a túa casa feita non poderás cambiar a orientación pero podes seguir conseguindo un aforro na factura, cómo? Pois pasándoche á enerxía solar fotovoltaica: é limpa, barata e inesgotable.
En Solarz asesorarémosche para que saibas que lugar da túa casa ou empresa é o máis adecuado para instalar os paneis solares, o que buscamos sempre é sacarlle o maior rendemento aos raios do sol a través da orientación e inclinación dos paneis solares. Hoxe respondemos a dúas preguntas recorrentes:
Qué orientación debe ter a miña casa?
Qué lugar é o máis idóneo para instalar os paneis solares?
Pois dependendo de onde vivas a orientación será unha ou outra, pero en liñas xerais se vives no hemisferio norte e especialmente en climas máis fríos como pode ser Galicia, a orientación idónea é a sur, xa que recibirá os raios do sol durante todo o ano desde o amencer ata o anoitecer. Se non hai edificios ou árbores diante que poidan xerar sombras, a luz entra desde primeira hora da mañá ata a posta de sol. En resumo, se estás no norte a orientación idónea é a sur, unha proba máis de que vivimos nun mundo de contradicións 😉.
A seguinte ilustración mostra unha casa no hemisferio norte orientada ao sur, como poderás ver a incidencia do sol é constante durante todo o ano, o que único que varía é a inclinación dos raios, que será maior ou menor dependendo da estación do ano.
As placas solares que cumpran esta orientación poden obter así a máxima radiación solar durante o día para conseguir unha maior produción enerxética, mellorando así o rendemento do sistema fotovoltaico.
Vivir pensando na nosa contorna non só é unha maneira de aforrar, é un modo de vivir máis en harmonía co planeta. E para pechar a entrada de hoxe deixámosvos cun dato deses que che fan explotar a cabeza:
“O sol emite moita máis enerxía á Terra que a que somos capaces de consumir. O sol é 109 veces máis grande que o noso planeta e por iso é capaz de emitir 4000 veces máis enerxía que a que consumimos. A radiación solar que recibe a Terra nunha hora, equivale ao consumo anual de electricidade no mundo.”
O noso traballo en Solarz é atrapar esa enerxía para que a poidas utilizar como queiras no teu fogar ou a túa empresa.