O cambio comeza nos pobos
O efecto bolboreta conta que o aleteo dunha bolboreta nun lado do mundo é capaz de xerar unha tormenta de vento enorme na outra cara do mundo. Esta teoría elaborada polo matemático e meteorólogo Edward Norton Lorenz, sérvenos como escusa para falarvos do poder que teñen os pobos e os seus concellos como axentes transformadores do cambio cara a un planeta sostible e limpo.
Moitas veces cando pensamos en lugares innovadores e transformadores tendemos a pensar en países como Dinamarca, Canadá, Alemaña ou cidades como New York, Madrid ou Tokio. Pero o certo é que moitos pobos e pequenas cidades están a dar un paso á fronte cara ás enerxías limpas como a solar fotovoltaica, porque para cambiar o mundo hai que empezar con pequenos pasos. Aquí as 5 razóns de por que as administracións públicas deberían investir enerxía solar:
Aforro na factura da luz. A instalación de paneis solares fotovoltaicos pode supoñer ata un 50% de aforro na factura de luz e, como consecuencia, un aforro para as arcas públicas. Exemplos deste aforro podémolo ver en proxectos como o da comarca de Somontano en Huesca, Rota en Cádiz ou o do Concello de Ponteareas, que tivemos a sorte de deseñar e desenvolver.
Diminución das emisións do CO2. Apostar por enerxías limpas é un paso necesario para poder alcanzar os obxectivos do 2030 marcados pola Unión Europea, que aspiran reducir nun 55% os gases de efecto invernadoiro en comparación con 1990.
Independencia enerxética. A aposta polo autoconsumo ten tamén un papel empoderador para os concellos e pobos, que se converten en donos da súa propia enerxía, evitando así a dependencia enerxética. No debate de Anpier sobre "Presente, pasado e futuro da enerxía fotovoltaica" expúxose unha pregunta moi sinxela por que producir a enerxía lonxe se se pode facer preto?
Educando co exemplo. Se queremos conservar o planeta sabemos que o paso ás enerxías renovables como a solar fotovoltaica é imprescindible. Cando as administracións públicas apostan por cambiar o seu sistema enerxético están mandado unha poderosa mensaxe á cidadanía, o aleteo da bolboreta empeza a facer efecto.
Levar luz ás áreas máis remotas. En zonas rurais ou remotas hai veces que a rede eléctrica común non chega, pero coa enerxía solar fotovoltaica este problema desaparece. Hai que lembrar que no mundo existen 840 millóns de persoas sen acceso a electricidade. O acceso á electricidade é clave para un desenvolvemento igualitario.
Desde China ata Marrocos, pasando polas zonas rurais de EEUU e varios países do continente africano, o mundo está a encherse de pobos, cidades e comunidades que están a cambiar a maneira en que xeramos e consumimos enerxía grazas ao poder do sol. Quedamos cunha frase da charla TED da deseñadora solar Marjan van Aubel:
“O sol brinda máis enerxía á Terra nunha hora que toda a utilizada pola humanidade enteira nun ano”
En Solarz apaixónanos a enerxía solar fotovoltaica e sabemos que parte do noso traballo é a divulgación desta tecnoloxía que cambiará o mundo para sempre. Se necesitas asesoramento ou queres máis información non deixes de escribir a info@solarz.es