Canto se tarda en amortizar unha instalación?

É xa un feito que as instalacións solares contan con numerosas vantaxes e prestacións que fan que cada vez máis persoas e empresas aposten por elas.

O gran aforro que supoñen na factura da luz e a rápida amortización que ten como inversión, convirte ás instalacións solares nun imprescindible nas vivendas de nova construción, así como en grandes empresas con elevados custes de electricidade.

Explicámosvos cales son os datos de amortización dunha instalación a data de hoxe (abril, 2023) así como algúns datos de valor a ter en conta na túa instalación.

A pregunta estrela, en canto tempo amortízase unha instalación? ?

Isto depende de varios aspectos. Para empezar teremos que ter en conta se a instalación solar é residencial ou industrial, xa que nas segundas, o ter un consumo tan alto de enerxía, notan o aforro moito máis rápido.

O tempo medio que estimamos en Solarz de amortización das placas solares nunha vivenda está entre os 5 e os 6 anos, e no caso do sector industrial de entre 3 e 4 anos. Tendo en conta o custe dunha instalación con nós, que oscila de entre 6.000 € e 9.000 € nunha instalación residencial.

Subvencións e bonificacións, como afectan á amortización?

 Pese a que as instalacións son rendibles de por si, sen necesidade de ningunha axuda, a Xunta de Galicia ofrece unha liña de subvencións con fondos europeos e diferentes concellos de Galicia ofrecen bonificacións do IBI.

É evidente que estes aspectos inflúen na redución do período de tempo de amortización.

Explicámoste brevemente en que consisten estas bonificacións, pero recordámoste que en Solarz encargámonos de todas as xestións para que non teñas que preocuparte nada máis que de comezar a aforrar.

·     Bonificación do IBI: A bonificación do Imposto por Bens e Inmobles (IBI) baséase na redución dun porcentaxe do imposto. Tanto a cantidade como a duración desta bonificación depende de cada concello.

·     Deducións do imposto da renda (IRPF): Esta dedución pódese solicitar no momento de realizar a declaración e pode alcanzar ata o 20% do total da cantidade invertida no sistema fotovoltaico, o que inflúe de maneira considerable na redución do tempo de amortización de placas solares fotovoltaicas.

Se queres empezar a aforrar e sumarte ao cambio das enerxías limpas déixanos os teus datos para facer o estudo enerxético da túa casa ou local neste enlace:

Lembra que o estudo é totalmente gratuíto e sen compromiso.

Lémonos na próxima entrada,

O Equipo de Solarz. 

Anterior
Anterior

Que son os excedentes e como beneficiarte deles?

Siguiente
Siguiente

Como solicitar un estudo enerxético gratuíto.