Como solicitar un estudo enerxético gratuíto.

A enerxía solar é unha enerxía limpa, inesgotable e gratuíta, o sol está ó alcance de todos, o único que precisamos é unha inversión inicial para poder transformar esa enerxía que chega tódolos días ós nosos tellados en enerxía para ós nosos fogares. O sol é o motor da vida na Terra, e tamén pode ser a enerxía que alimente todos os fogares e negocios dun xeito económico e sostible. Dende o minuto no que empeza a funcionar a instalación, xa estás a aforrar. Ademais, a amortización dunha instalación solar mudou de 10 anos a cifras entre 5 e 6 anos en vivendas e 3 e 4 anos en negocios, debido os avances tecnolóxicos e incremento do prezo da electricidade e da luz.

Instalación fotovoltaica realizada por Solarz en Bugarín (Pontevedra).

¿Como solicitalo?

Solicitar un estudo enerxético con nos é moi sinxelo, basta con chamar o noso teléfono, encher o noso formulario na web ou a través das nosas redes sociais. Atenderémoste e acordaremos un día para poder visitar o teu fogar.

Na visita queremos coñecer o teu caso para saber o que precisas e así deseñar unha instalación de autoconsumo ben calculada, en función das túas necesidades, do teu consumo e do espazo co que podemos contar para instalar as placas.

Procuramos e analizamos a mellor cuberta do teu fogar para instalar as placas, e tamén onde abicar os demais aparellos, de forma que non molesten na vivenda e que estean ben abicados de forma que se facilite o seu mantemento.

 ¿Que precisamos?

•          Unha visita ó espazo.

•          Unha factura da luz onde apareza o consumo anual.

 

¿Que entregamos?

•          Presuposto do custe da túa instalación.

•          Simulación do teu aforro.

•          Fichas técnicas do material a instalar.

 

Con este estudo enerxético poderás saber como será a túa factura, o aforro que obterás e a amortización real da túa instalación. En Solarz ofrecemos 2 anos de garantía e mantemento en todas as nosas instalacións.

Se queres empezar a aforrar e sumarte ao cambio das enerxías limpas déixanos os teus datos para facer o estudo enerxético da túa casa ou local.

Lembra que o estudo é totalmente gratuíto e sen compromiso.

Lémonos na próxima entrada,

O Equipo de Solarz. 

Anterior
Anterior

Canto se tarda en amortizar unha instalación?

Siguiente
Siguiente

Solarz estrea novas instalacións.