Axudando ao planeta

O aforro económico é o que move a maior parte da xente a instalar paneis solares fotovoltaicos, sobre todo en fogares e negocios que teñen un consumo de electricidade alto. Pero existe outra razón de peso a ter en conta, o que deixas de contaminar cando decides producir e consumir a túa propia enerxía grazas ao sol.

“A enerxía solar non produce emisións cando xera enerxía, e os estudos demostran que a pegada de carbono durante o seu ciclo de vida é claramente inferior a dos combustibles fósiles.” ( artigo de Rhones Resch para Nacións Unidas)

Se cando producimos enerxía na nosa casa a través dos paneis non estamos emitindo gases de efecto invernadoiro, cal é a pegada de carbono dunha instalación solar fotovoltaica? A resposta que buscamos está no CO2 emitido durante a fabricación e transporte dos paneis solares. En Solarz cando realizamos o estudo enerxético personalizado para o teu fogar ou negocio, calculamos o tempo que tarda a túa instalación en ser neutra en carbono, é dicir o tempo de vida que necesita a instalación para compensar o CO2 xerado no proceso de fabricación e transporte. Na maior parte dos proxectos que realizamos en Solarz, este tempo é de 4 anos, e non esquezamos que a vida útil dunha instalación solar é de 30 anos, así que aforro é máis que evidente.

Pero, como se calcula todo isto?

En Solarz gústanos ser transparentes e por iso no estudo enerxético que che entregamos ademáis da simulación do aforro económico, amosámosche o aforro en CO2. O facemos gracias ao programa informático co que traballamos e que toma as seguintes variables para facer a simulación:

  • O mix enerxético de España. Este é o cálculo de todas as emisións xeradas pola combinación das diferentes centrais de carbón, eólicas, hidroeléctricas… que existen en España para xerar a electricidade que chega as nosas casas. O valor asinado a España é de 287 g de CO2 por kWh.

  • CO2 emitido na fabricación e transporte dos paneis solares.

  • Vida do proxecto. Isto é a vida útil da instalación que como dixemos antes é de media duns 30 anos.

Con estas tres variables o que fai o programa é substituír a electricidade que deixas de tomar das redes eléctricas convencionais pola que agora xeras e consumes coa túa instalación solar fotovoltaica. A nosa experiencia en diferentes proxectos permítenos afirmar que ao longo dun ano cunha instalación fotovoltaica no teu fogar deixas de emitir 1,6 toneladas de CO2.

Para poñer isto en perspectiva aquí deixámosvos un dato: 1 tonelada de CO2 é o que produce de maneira anual un coche cun depósito estándar que consume 50 litros ao mes, ó redor duns 600 litros ao ano. Pensemos entón que a nivel de aforro, ter unha instalación fotovoltaica en casa equivale anualmente a non utilizar o coche en todo un ano. Ademais, non esquezamos que a partir do cuarto ano a instalación vólvese neutra en carbono.

Solarz Blog Nuevo (1).jpg

Simulación do aforro en CO2

para

un fogar

en Galicia.

Coa simulación do noso estudo enerxético podemos calcular o que vas a aforrar en cartos e tamén o CO2 que deixas de emitir coa túa instalación.

Aforras ti e aforra o planeta

Sabemos que para frear o cambio climático necesitamos baixar as nosas emisións de CO2 si ou si. En Solarz queremos que aforres cartos mes a mes e ademais contribúas coa túa inversión a diminuír as emisións de gases de efecto invernadoiro. Non podemos esquecer outro factor clave, os combustibles fósiles son finitos mentres que o sol é unha fonte de enerxía inesgotable.

Se queres comezar a aforrar e axudar ao planeta, pide xa o teu estudo enerxético gratuíto

Anterior
Anterior

Climas nubrados e enerxía solar

Siguiente
Siguiente

A nova factura da luz