Climas nubrados e enerxía solar
Existe unha crenza popular de que os paneis solares non producen enerxía nos días nubrados e dende Solarz comunicámosche que esta información é falsa. Somos unha empresa galega e xa temos escoitado máis dunha vez iso de, pero en Galicia co tempo que fai, paga a pena poñer enerxía solar? Se queres aforrar de verdade a resposta é moi sinxela: SI.
Pero para entender mellor porque Galicia é un bo lugar para unha instalación de autoconsumo, imos ir falar dos elementos climatolóxicos e meteorolóxicos que temos que ter en conta:
As nubes e a néboa. Nun día nubrado ou con néboa unha instalación fotovoltaica está funcionando tranquilamente o 10% ou 15%. Ademais, temos que ter en conta que as nubes afectan a radiación solar de tres maneiras diferentes: reflíctena, absórbena e desenfócana, o que fai que as temperaturas medias dos climas con nubes sexan máis tempadas, e isto é algo moi beneficioso para o rendemento dun panel solar, pero por que? Explicámoscho no seguinte punto.
Os paneis solares funcionan mellor nos climas tempados que nos climas calorosos.
A temperatura idónea para o funcionamento dos paneis solares é o redor dos 25ºC, cando superamos esa temperatura o rendemento baixa entre un 10-25%. Por iso, aínda que a radiación solar sexa menor, os climas parcialmente nubrados son os máis idóneos para unha instalación solar.
A chuvia. Galicia é un clima coñecido por todos pola chuvia, a que algúns elevan incluso a categoría de arte. Temos que ter que conta que o po e a suciedade fan diminuir o rendemento dunha instalación, e a chuvia é un elemento fantástico que axuda a manter os paneis limpos.
En resumo, para producir enerxía solar fotovoltaica na túa casa ou negocio precisas evidentemente de sol pero tamén de temperaturas medias durante todo o ano, por iso se queres empezar a aforrar na túa factura da luz agora é o mellor momento para dar o salto ao autoconsumo fotovoltaico.
Deixámosche aquí un dato para reflexionar, “Alemaña é país líder en Europa en enerxía solar fotovoltaica“. E por todos é sabido que Alemaña non é precisamente famoso por ser un destino turístico de sol e praia.
Se aínda tes dúbidas sobre se en Galicia é rendible unha instalación de autoconsumo no teu fogar ou negocio, en Solarz facémosche un estudo enerxético completamente gratuíto no que che mostramos cal será o teu aforro total, dependendo do teu consumo e tipo de vivenda este pode ser ata do 80%.