Como aforrar na factura da luz?
Que o prezo da luz non para de subir non é novidade, o problema é que esta tendencia de subida nos prezos non parece que vai a parar. Coa chegada do outono e o inverno son moitos os que pensan como afrontar os gastos en electricidade nos seus negocios e vivendas.
Pero para entender como aforrar é preciso entender a que se debe esta subida. O mercado eléctrico é complexo e son moitos os factores que inflúen neste incremento de prezos. De maneira moi resumida as principais razóns residen no alto de prezo dos dereitos de emisión de CO2, o aumento de prezos do gas natural e o funcionamento propio do sistema do mercado eléctrico no que se fixa o prezo do luz cada día. Se queres saber máis sobre o porque da subida dos prezos recomendámosche este artigo.
En Solarz non podemos facer que o sistema do mercado eléctrico cambie, ou que o prezo do gas sexa máis barato, pero si que podemos axudarche a aforrar, como? Animándoche a que des o paso ao autoconsumo cunha instalación de enerxía solar fotovoltaica e cunha bomba de calor que cubra as necesidades de climatización e de auga quente do teu fogar ou negocio.
O autoconsumo é a mellor maneira de aforrar, porque o consumidor convértese tamén no productor desta enerxía, desta maneira existe unha maior consciencia sobre o consumo. En Solarz xa falamos de porque estas dúas fontes de enerxía renovables son unha combinación gañadora. Pero coa chegada inminente do inverno queremos lembrarvos as dúas razóns polas que investir agora nestas instalacións pode aforrarvos moitos cartos nos meses fríos:
Cunha instalación fotovoltaica producirás entre o 60% e 80% da enerxía que precisas, e se a instalación ten baterías de almacenamento poderás utilizar a enerxía acumulada cando a precises.
A bomba de calor recolle a enerxía acumulada no aire do exterior para climatizar a túa casa e satisfacer as necesidades de auga quente. Para facelo precisa de electricidade para funcionar, pero se dispoñes de paneis solares estarás a producir o 75% da enerxía que precisa a bomba gracias ao sol e a custe case cero.
Ambas instalacións teñen un mantenemento moi sinxelo, ademáis en Solarz ofrecémosche dous anos de garantía.
O sol e o aire son dos fontes de enerxía limpas e inesgotables, cando invistes en enerxías renovables no teu negocio ou vivenda estás apostando por un futuro máis verde.
Se tes un negocio ou vivenda e queres que a subida dos prezos da luz non che afecten, solicita o teu estudo enerxético gratuito e sen compromiso.