Como aforrar na factura da luz?
Que o prezo da luz non para de subir non é novidade, o problema é que esta tendencia de subida nos prezos non parece que vai a parar. Coa chegada do outono e inverno son moitos os que pensan como afrontar os gastos en electricidade nos seus negocios e vivendas.
Aforra por partida dobre
Cando decides tomar o control da enerxía dispoñible de maneira gratuíta a través do sol e do aire, estás a apostar por un futuro sostible que ademais pode facerche aforrar ata un 80% dos teus gastos anuais en electricidade, calefacción e aire acondicionado.