Aforra por partida dobre
A principios deste mes de maio anunciabamos a nosa colaboración con Condadogas, para poder ofrecer aos nosos clientes instalacións de aerotermia nos seus fogares e negocios, porque en Solarz o noso obxectivo é que aforres diñeiro cada mes. Cando decides tomar o control da enerxía dispoñible de maneira gratuíta a través do sol e do aire, estás a apostar por un futuro sostible que ademais pode facerche aforrar ata un 80% dos teus gastos anuais en electricidade, calefacción e aire acondicionado.
Pero algúns vos estaredes preguntando, que é a aerotermia?
A aerotermia é unha fonte de enerxía renovable que a través dunha bomba de calor de última xeración, aproveita a enerxía almacenada en forma de calor no aire que nos rodea, o que nos permite cubrir a demanda de calefacción, refrixeración e auga quente sanitaria na vosa vivenda ou negocio..
Actualizamos a nosa web e na sección de aerotermia atoparás todo o que necesitas saber sobre esta nova tecnoloxía que ofrece enerxía limpa e renovable. Hoxe aquí quixemos resumir as súas principais vantaxes: é renovable (utiliza só enerxía eléctrica para aproveitar a enerxía térmica contida no aire), é eficiente (consome menos enerxía que os sistemas tradicionais de calefacción), simplicidade (toda a túa casa pode funcionar exclusivamente con electricidade, isto tradúcese nunha soa factura) e a máis importante de todas o aforro (é o sistema de calefacción con menor consumo de enerxía e se contas cunha instalación fotovoltaica, ao redor do 75% da electricidade que necesita producirala ti mesmo)
Sol e aire, un aforro por partida dobre
A combinación de aerotermia e fotovoltaica fai que aforres por partida dobre, por que? Porque cando tes unha instalación de paneis solares fotovoltaicos, estás a xerar de maneira limpa a electricidade que necesita a túa vivenda para as necesidades xerais da casa incluída a bomba de calor que utiliza a aerotemia para quentar ou arrefriar a través de radiadores, fancoils ou calefacción de chan radiante.
A unión entre as nosas empresas, Solarz e Condadogas, nace de vontade de ofrecer aos nosos clientes os beneficios de ambas tecnoloxías, o uso da enerxía fotovoltica e a aerotermia, non só supón un aforro de ata o 80% na túa factura senón que tamén senta as bases para un futuro máis limpo, verde e sostible.
Sabemos que a mellor maneira de entender isto é velo cos teus propios ollos, por iso ofrecemos un estudo enerxético gratuíto e personalizado da túa casa ou negocio, no que che mostraremos con datos reais cal será o teu aforro. Xera a túa propia enerxía e empeza aforrar desde xa.