Canto se tarda en amortizar unha instalación?
Esta é unha das preguntas máis frecuentes, e como somos galegos imos a contestar con algo moi galego, pois depende. É certo que a amortización de cada instalación depende de moitas variables: tipo de vivenda ou negocio, o consumo enerxético, tipo de instalación…
Climas nubrados e enerxía solar
Existe unha crenza popular de que os paneis solares non producen enerxía nos días nubrados e dende Solarz comunicámosche que esta información é falsa. Somos unha empresa galega e xa temos escoitado máis dunha vez iso de, pero en Galicia co tempo que fai, paga a pena poñer enerxía solar? Se queres aforrar de verdade a resposta é moi sinxela: SI.
Aforra por partida dobre
Cando decides tomar o control da enerxía dispoñible de maneira gratuíta a través do sol e do aire, estás a apostar por un futuro sostible que ademais pode facerche aforrar ata un 80% dos teus gastos anuais en electricidade, calefacción e aire acondicionado.