Enerxía solar e casas pasivas
Sabías que as casas pasivas reducen a demanda enerxética entre un 75% e un 90%? Se a isto lle sumamos que esa enerxía que consumen sexa de orixe renovable, podemos falar de una gran opción en canto a vivenda sostenible.
Cando aparecen as casas pasivas?
Este concepto orixinouse nos anos 80 en Alemaña, onde a climatoloxía pon sobre a mesa a necesidade de considerar un tipo de vivenda de maior calidade térmica e baixo consumo enerxético. Orixinalmente non mencionaban o uso de enerxías renovables, mais os avances o longo do tempo amosaron que a implantación destas enerxía é unha gran mellora para elas.
A baixa demanda enerxética fai que esta poida satisfacerse mediante a instalación destas enerxías renovables, un recurso limpo, inesgotable e con baixas emisión de gases.
A idea de incorporar as enerxías renovables nas vivendas pasivas responde non só á necesidade de reducir o impacto ambiental, senón tamén ás leis de eficiencia enerxética cada vez máis estritas.
Para aqueles que están pensando en construír unha casa agora mesmo, ten todo o sentido do mundo facelo tendo en conta a súa eficiencia enerxética e sustentabilidade, se non, quedará unha casa obsoleta dende o primeiro día.
Enerxía solar fotovoltaica para uso doméstico:
Existen varias opcións de enerxía renovable dispoñibles para o uso doméstico. A elección dun ou doutro dependerá das necesidades enerxéticas e da situación xeográfica da vivenda.
A enerxía solar fotovoltaica é probablemente unha das fontes de enerxía renovables máis estendidas e comúns para os consumidores. Aínda que o maior inconveniente de instalar placas fotovoltaicas hai uns anos era o custo, hoxe en día reduciuse en máis dun 80%, converténdose nunha das opcións máis accesibles.
As instalacións fotovoltaicas cumpren as condicións de eficacia, eficiencia e aforro, polo que son unha fonte de enerxía conveniente nas vivendas pasivas. Aproveitar a enerxía inesgotable do Sol permítenos ser sostibles e autosuficientes.
O autoconsumo de enerxía é outra das características máis importantes das casas pasivas. Xa que falamos dunha vivenda con deseño bioclimático, é importante apostar por fontes de enerxía renovables como a solar.
A instalación de placas solares é unha das formas máis atractivas de aforrar na factura da luz, e tampouco supón un investimento moi elevado por todos os beneficios que podes obter. Entre as vantaxes máis comúns podemos destacar:
-Enerxía 100% renovable.
-Fácil de manter.
-A vida útil é de máis de 30 anos.
-As facturas da luz pódense compensar grazas ao autoconsumo cos excedentes xerados.
Recorda que se queres empezar a aforrar e sumarte ao cambio das enerxías limpas déixanos os teus datos e faremos un estudo enerxético gratuíto da túa casa ou local neste enlace:
Lembra que o estudo é totalmente gratuíto e sen compromiso.
Lémonos na próxima entrada,