Valoración do noso 2023
Este ano que se acaba foi un ano vibrante e cheo de cambios e crecemento en Solarz.
Comezamos o ano estreando novas instalación, cunha oficina e almacén máis grande adaptado ás nosas necesidades actuais.
Neste ano 2023 crecemos en número de instalacións realizadas e en potencia instalada respecto ao ano pasado. O que supuxo incorporar ao equipo de Solarz a novos compañeiros tanto en oficina como no equipo de montaxe e mantemento de instalacións.
Tras un inicio de ano, unha primavera e verán a reo sen parar de levar a enerxía solar a moitos tellados de casas e pequenas industrias por toda Galicia, en agosto tamén comezamos a construcción da que será unha das maiores plantas fotovoltaicas de autoconsumo da terra de Rosalía. Son case 3 MWp de potencia instalada que se porá en fucionamento no primeiro trimestre de 2024.
Pero non só aumentamos a potencia instalada e o número de instalacións, senón que tamén aumentamos os nosos servizos. Agora tamén realizamos auditorías técnicas de instalación fotovoltaicas. Este servizo xurdiu a raíz de que varias persoas e empresas contactaran con nós por mor de que tiñan unha instalación fotovoltaica realizada que non estaba a funcionar de forma correcta. En Solarz detectamos e facemos ás correccións necesarias na instalación para que todo funcione correctamente.
Estamos moi ledos da confianza depositada en nós polos nosos clientes e por contribuír neste 2023 a axudar ás familias e empresas galegas a reducir a súa pegada de carbono e queremos seguir facéndoo en 2024.
Recorda que se queres empezar a aforrar en 2024 e sumarte ao cambio das enerxías limpas déixanos os teus datos e faremos un estudo enerxético gratuíto da túa casa ou local neste enlace:
Lembra que o estudo é totalmente gratuíto e sen compromiso.
Lémonos na próxima entrada,