A enerxía solar volve a bater marca en España.

Este ano 2023, a enerxía renovable cubriu máis da metade da demanda eléctrica no pais. Segundo as estimacións da Rede Eléctrica (REE) a contribución destas fontes á xeración nacional supera por primeira vez a metade (50,8%) o que supón a produción de máis de 135.000 GWh.

A enerxía solar fotovoltaica contribuíu cun 14% da estrutura de xeración cunha produción superior os 37.000 GWh, case un 34% máis que en 2022.

Grazas á contribución das renovables, o ano 2023 bate unha marca en todas as súas marcas anteriores. Segundo os rexistros da Rede Eléctrica (REE) xaneiro foi o mes máis renovable da historia con máis de 13.542 GWh xerados. O mes de novembro foi o mes que maior cota destas enerxías cun 59,6%, e o 3 de novembro o día con maior participación renovable diaria cun 73,5%.

Polo seu lado, a enerxía solar bate marca durante todo o verán, un cambio paradigmático resultado dunha combinación de avances tecnolóxicos e dunha maior conciencia coa importancia das fontes de enerxía sostibles.

O mes de agosto será marcado coma un punto de inflexión na historia da enerxía solar, xa que durante este mes xeraronse en total 5.140 GWh. Isto supón o 21,8% da enerxía eléctrica total.

A enerxía solar ofrece moitas vantaxes que a sitúan como unha candidata para liderar o mercado enerxético en España. Os avances que experimenta esta tecnoloxía supoñen unha mellora na súa eficiencia e efectividade, reducense os custos e a medida que pasa o tempo os prezos diminúen. Isto faina máis accesible para os consumidores e máis competitiva para as empresas.

Recorda que se queres empezar a aforrar en 2024 e sumarte ao cambio das enerxías limpas déixanos os teus datos e faremos un estudo enerxético gratuíto da túa casa ou local neste enlace:

Lembra que o estudo é totalmente gratuíto e sen compromiso.

Lémonos na próxima entrada,

O Equipo de Solarz. 

Anterior
Anterior

Solarz visita #GENERA2024

Siguiente
Siguiente

Valoración do noso 2023