> Descobre as 10 vantaxes da enerxía solar fotovoltaica

As novas de cada día auguran un futuro no que o prezo da electricidade non para de aumentar. Por iso agora máis que nunca mudarse ó autoconsumo enerxético é a mellor forma de aforrar na factura da luz.

10 vantaxes polas que cambiar ao autoconsumo fotovoltaico

1. Fonte de enerxía limpa, non xera residuos.

A enerxía fotovoltaica é unha fonte de enerxía limpa, é dicir, que non xera residuos, non contaminando así o medio natural no que vivimos, a diferenza das fontes de enerxía non renovables. Ademais cando a vida útil das placas chega ó seu fin, os materiais que se utilizaron para a instalación, poden ser recuperados e reciclados, sen xerar lixo.

2. A enerxía do sol é infinita.

A diferenza dos combustibles fósiles, que tardan miles ou millóns de años en formarse, a enerxía do sol é inesgotable e renovable. É dicir, é unha enerxía que non se consume, simplemente se aproveita. O sol produce a súa enerxía a consumamos nós ou non, e renóvase infinitamente.

Os datos estiman que aproveitada ó cen por cen, tan só se precisaría dunha hora de sol para cubrir todas as demandas enerxéticas do mundo no período dun ano!

3. Atópase en todo o mundo.

A luz do sol chega a case tódalas partes do planeta, facendo posible a produción enerxética fotovoltaica en fogares e negocios. Ademais Galicia é un lugar idóneo para a enerxía fotovoltaica xa que os paneis solares funcionan mellor en climas temperados que en climas cálidos.

4. É ecolóxica e sostible.

A enerxía fotovoltaica xérase de forma ecolóxica, xa que a diferenza dos combustibles fósiles non se emiten sustancias contaminantes á atmosfera terrestre, reducindo así a pegada de carbono. Isto súmase ó feito de que non hai intermediarios ou sistemas de transporte de enerxía, o que significa un dobre aforro, para ti e para o planeta.

5. Amortizas a instalación nun máximo de 8 anos.

O custo dunha instalación baixou considerablemente nos últimos anos debido á suba do prezo da luz e ós avances tecnolóxicos no campo das enerxías renovables. Facendo que o tempo estimado de amortización do gasto da instalación dos paneis solares tamén diminúa. Sendo agora así de 6 a 8 anos no caso de vivendas, e de 3 a 8 anos no caso de negocios, a amortización sempre variará en función do teu consumo.

6. Durabilidade de 25 anos.

A garantía dos paneis solares é de 25 anos pero a súa vida útil pode ser bastante maior. No caso das baterías, en Solarz traballamos con baterías de litio, que destacan por ser as de maior vida útil do mercado, cunha garantía de 10 anos. Se queres saber máis sobre as nosas baterías preme aquí.

7. Baixo mantemento.

Tamén cabe destacar a súa escasa necesidade de mantemento. Así que non tes que preocuparte por nada, en Solarz estaremos ó teu carón para o que precises e lembra que tes dous anos de mantemento e garantía en todas as instalacións sen custo algún.

8. Independencia eléctrica.

Esquécete da dependencia enerxética, co autoconsumo non dependes de compañías eléctricas nin dos cambios no prezo da luz, ti es o teu propio produtor e o teu consumidor.

9. Sen subas inesperadas a fin de mes.

O autoconsumo fotovoltaico significa estabilidade, xa que non dependes dunha compañía eléctrica e evitas as subas inesperadas de prezo na túa factura da luz. Ti controlas o teu gasto enerxético.

10. Xeras riqueza local e emprego.

Instalando paneis solares estás contribuíndo coa economía local e a pequena escala. En Solarz somos unha empresa 100% galega, cuxo obxectivo é mudar o xeito de producir e consumir enerxía en Galicia para mellorar así o mundo a través das enerxías renovables. Cremos na enerxía solar e no autoconsumo como forza transformadora do planeta e a sociedade. Nós mesmos somos os que deseñamos e os que facemos cada instalación, sen subcontratas. Queres mudar o xeito de producir e consumir enerxía en Galicia?

Solicita o teu estudo enerxético gratuíto con Solarz e convirte a túa casa ou negocio nunha fonte de enerxía!

Anterior
Anterior

>Queres aforrar ao máximo?

Siguiente
Siguiente

> Sabes canto podes estar a aforrar instalando placas solares no teu negocio?