> Sabes canto podes estar a aforrar instalando placas solares no teu negocio?

Cando pensamos en placas solares aínda moitos teñen na cabeza a imaxe dunha casa no campo ou dunha gran planta solar afastada perdida nalgún lugar , pero o certo é que a enerxía solar fotovoltaica está ao alcance de moitos negocios. Dende Solarz sabemos que se tes un negocio xa sexa grande ou pequeno, reducir os custos está sempre nos teus obxectivos, xa que gastar menos pode significar a diferencia entre manterse a flote, obter beneficios ou poder investir en outras áreas do negocio. 

Nós mesmos somos unha desas empresas pequenas, que emprendeu fai 3 anos porque queríamos unha Galicia máis verde e sostible. Dende Solarz queremos que negocios coma nós podan ter co control da enerxía que producen e consumen. Coa inestabilidade actual dos prezos da luz, apostar polo autoconsumo fotovoltaico significa ter o control e evitar subas inesperadas a fin de mes, sen trampa ou letra pequena.

Pero canto podo estar a aforrar exactamente se instalo paneis solares no meu negocio?

Se no caso dunha vivenda, afórrase unha media de entre o 60% e o 80% do gasto enerxético anual e chegas a amortizar a inversión en 6 ou 8 anos, no caso dun negocio multiplícase chegando a aforrar ata o 80% nos meses de maior consumo e podes amortizar o gasto entre 3 e 8 anos. Se tes un alto consumo enerxético na túa empresa non dubides solicitar o teu estudo enerxético gratuíto con nós,  con este estudo poderás saber de antemán canto aforrarás e axustar así as túas proxeccións de negocio. 

Nunha vivenda, afórrase unha media entre o 60% e o 80% do gasto enerxético anual, chegando a amortizar a inversión en 6 ou 8 anos, pero no caso dun negocio multiplícase chegando a aforrar ata o 80% nos meses de maior consumo e amortizar o gasto entre 3 e 8 anos!

Cada vez máis empresas, grandes e pequenas, están apostando por modelos de negocio máis sostibles, e isto pasa por reducir a súa pegada de carbono na súa produción. O sol é unha fonte inesgotable de enerxía, ademais é unha enerxía verde e limpa, por iso apostar pola enerxía solar fotovoltaica é unha maneira de contribuír a poñer freo ao cambio climático que estamos xa vivindo. 

Ademais agora por mudarte á produción solar podes obter subvencións e beneficios fiscais para o teu negocio a nivel estatal e comunitario. En Solarz facemos instalacións fotovoltaicas personalizadas, tratando cada proxecto como se fose o noso propio, porque queremos transformar “tellado a tellado” a maneira de producir e consumir enerxía en Galicia, tanto nos negocios como nos fogares. Lembra que ofrecemos 2 anos de mantemento gratuíto, sempre o teu carón para que só teñas que preocuparte de aforrar, sen letra pequena e sen subcontratas. 

Solicita sen compromiso o teu estudo enerxético gratuíto para o teu negocio e pescuda canto poderías estar a aforrar na túa factura da luz.

Anterior
Anterior

> Descobre as 10 vantaxes da enerxía solar fotovoltaica

Siguiente
Siguiente

>O rendemento das placas solares coa calor