>O rendemento das placas solares coa calor
Ti tamén es dos que pensa que canto máis calor vai, maior rendemento das placas fotovoltaicas? Sentimos dicirche que iso non é así, o maior rendemento non se consegue coas altas temperaturas. Trátase dun erro moi común, estendido na poboación, pero o punto de rendemento máximo dun panel solar é cando se atopa nun ambiente temperado e non nun moi quente xa que moita calor lles afecta negativamente.
As placas solares coma todos os dispositivos eléctricos, debido á súa tecnoloxía de condución ou produción de electricidade, non soportan ben a calor. Isto afecta negativamente ó seu rendemento, que sofre un descenso cando as temperaturas superan os 25ºC. A temperatura óptima para que os paneis funcionen correctamente sitúase entre os 20ºC e os 25ºC. A medida que a temperatura sobe, o seu rendemento vai baixando lixeiramente. Estímase que durante o verán, o rendemento dos paneis solares disminúe notablemente se as temperaturas alcanzan os 40ºC. Por isto Galicia é un lugar idóneo para a colocación dos paneis solares en casas ou negocios, aínda que nos últimos veráns estanse a experimentar olas de calor por mor do cambio climático, seguimos a gozar de temperaturas non tan altas como noutros lugares de península.
Este efecto negativo tamén contraponse co feito de que cando vai máis calor, especialmente en verán, tamén aumentan as horas de luz solar ó día. Isto produce unha distopía, no que o rendemento do panel solar pódese ver afectado pola calor, pero compénsase coa subida de horas de luz solar ó día, facendo que a produción de enerxía durante o día sexa maior que coma o sería en inverno, pero con menor rendemento das súas capacidades.
Outro factor a ter en conta é que unha placa solar non ten a mesma porcentaxe de rendemento durante todas as horas do día. Ó momento no que o seu rendemento está ó 100%, coñécese coma potencia pico. Para medir a cantidade de luz que emite o sol temos a Hora Solar Pico. Esta é unha unidade que mide a irradiación solar e defínese como “a enerxía por unidade de superficie que se recibe do sol con unha hipotética irradiancia de 1000 W/m2”. O maior rendemento para aproveitar ó máximo as nosas placas solares é cando temos esa irradiancia de 1000 W/m2 e 25ºC de temperatura. Por iso só nese momento se obtén o 100% do rendemento da instalación, dándose normalmente estas condicións en días soleados de inverno, ou na primavera.
En Solarz facemos instalacións fotovoltaicas personalizadas, tratando cada proxecto como se fose o noso propio, porque queremos transformar tellado a tellado a maneira de producir e consumir enerxía en Galicia. Ademais ofrecemos 2 anos de mantemento gratuíto, sempre o teu carón para que so teñas que preocuparte de aforrar.
Solicita sen compromiso o teu estudo enerxético gratuíto para o teu fogar ou negocio para saber canto poderías estar a aforrar.