>Porque investir en fotovoltaica é una aposta segura

Din que o único constante na vida é o cambio, pero nun mundo cada vez máis interconectado esta situación de incerteza trasládase en que o prezo da luz pode disparse por causas alleas a nós: pandemia, a guerra de Ucraína, cambio climático... Que podemos facer para evitar as sorpresas a fin de mes? Pois tomar o control da enerxía a través do autoconsumo fotovoltaico. Agora máis que nunca xerar e consumir a túa propia enerxía é a mellor solución para aforrar cartos

A enerxía solar é unha enerxía limpa, inesgotable e gratuíta, o sol está ó alcance de todos, o único que precisamos é unha inversión inicial para poder transformar esa enerxía que chega tódolos días ós nosos tellados en enerxía para ós nosos fogares. O sol é o motor da vida na Terra, e tamén pode ser a enerxía que alimente todos os fogares e negocios dun xeito económico e sostible. Dende o minuto no que empeza a funcionar a instalación, xa estás a aforrar. Ademais, a amortización dunha instalación solar mudou de 10 anos a cifras entre 5 e 8 anos, debido os avances tecnolóxicos e incremento do prezo da electricidade e da luz.


“Tomar o control sobre a enerxía a través do autoconsumo significa evitar sorpresas a fin de mis e aforrar dende o minuto un”.


Unha das claves para evitar as sorpresas a fin de mes é tomar o control, isto é unha das grandes vantaxes de investir en enerxía solar fotovoltaica, a independencia que obtés xerando a túa propia enerxía. Grazas ós avances técnicos agora cada fogar ou negocio convertese no seu propio  produtor de enerxía a pequena escala. Co autoconsumo ademais de ter o control do que produces tamén se adquire moita máis consciencia do consumo dos nosos fogares. Lembra que se produces máis enerxía da que consumes, podes obter unha compensación económica polos excedentes obtidos. Nada vale máis que a liberdade de non ter sorpresas inesperadas a finais de mes na túa factura da luz. 

A enerxía solar fotovoltaica está en auxe, a potencia instalada de enerxía solar fotovoltaica incrementouse no 2021 case un 30% (28,8%), o que permitiu o aumento da produción eléctrica mediante enerxía solar dun 37% (36,6%). Por eso dende Solarz podemos dicir con total certeza que investir en enerxía solar fotovoltaica é unha aposta segura. Ademais coa túa inversión estás axudando a frear as emisión de CO2, principal causante de cambio climático.

En Solarz facemos instalacións fotovoltaicas personalizadas, tratando cada proxecto como se fose o noso propio, porque queremos transformar tellado a tellado a maneira de producir e consumir enerxía en Galicia.

Solicita sen compromiso o teu estudo enerxético gratuíto para o teu fogar ou negocio para saber canto poderías estar a aforrar. 

Anterior
Anterior

>O rendemento das placas solares coa calor

Siguiente
Siguiente

>Casas Pasivas: novas formas de vivir