>Casas Pasivas: novas formas de vivir

En Solarz gústanos moito Galicia e sobre todo ver como “tellado a telladoimos mudando o xeito no que xeramos e consumimos enerxía, dunha maneira máis limpa e máis respectuosa co entorno. Coidar o lugar onde nacemos e vivimos é un dos nosos obxectivos, por iso en Solarz gústanos ver como avanza en Galicia a construción de vivendas pasivas, sabes o que son? Hoxe queremos falarvos do movemento “PassivHaus” tamén coñecido como casas pasivas.  As casas pasivas son aquelas casas que se basean no concepto construtivo PassivHaus, que fai referencia a construción de vivendas que non precisan case enerxía para xerar confort no seu interior. Isto se fai tendo en conta o entorno natural no que se sitúa a vivenda, os materiais, o deseño e por suposto o uso de enerxías renovables como a solar fotovoltaica. 

Actualmente, o estándar PassivHaus úsase coma referente mundial para a obtención de edificios certificados coma vivendas pasivas. Este modelo xurde en Alemaña nos anos 90 e busca a maior eficiencia enerxética posible da vivenda. Como resultado, obtemos unha vivenda con baixas necesidades en canto a climatización, tanto na calefacción en inverno coma na refrixeración en verán, xerando un amplo confort interior con un consumo enerxético moi baixo, sendo non só sustentable senón tamén económico. Se se compara unha casa pasiva con unha casa “normal”, o consumo enerxético se reduce ata un 90%.


“A arquitectura é coma unha árbore, debe crecer en concordancia co seu entorno”

- Toko Ito (arquitecto)


Para que se considere unha casa pasiva a vivenda ten que basearse nestes 5 principios:

  1. Illamento términco. O primeiro principio das casas pasivas é obter o mellor illamento térmico da vivenda, evitando que entre a calor en verán e escape en inverno. 

  2. Evitar as pontes térmicas As pontes térmicas son os puntos débiles da estrutura da vivenda polos que pode transmitirse a calor dun xeito máis doado, coma as ventás, as soleiras, etc... 

  3. Portas e ventás de altas prestacións. As ventás deben estar ben illadas e orientadas. Ademais, orientar as ventás para que o sol quente a estancia en inverno e non a quente en verán pode aforrarche moitos cartos. Este é o mesmo principio que utilizamos para colocar as placas solares, ter en conta a orientación para sacar o máximo rendemento ao sol.

  4. Hermeticidade. Outro punto clave das casas pasivas é a súa hermeticidade. Tódalas portas, ventás e buratos que comuniquen co exterior da vivenda teñen que asegurar a súa estanquidade, para evitar a perda ou entrada non desexada da calor. 

  5. Ventilación recuperada da calor. Por último, o quinto principio no que se basean as casas pasivas é a Ventilación Mecánica Controlada (VMC) con recuperación da calor, que fai posible xestionar eficientemente o consumo enerxético á hora de renovar o aire interior dun espazo, recuperando entre o 80 e o 90% da enerxía que se atopa dentro da vivenda. Así, non é preciso ventilar abrindo as ventás, e o aire que entra climatízase co que sae da vivenda. 

Polo de agora construír en base a este modelo segue tendo un maior custo inicial que unha vivenda normal, pero a longo prazo o aforro é maior. O que pon de manifesto o modelo PassivHaus é que existen outras maneiras de convivir co entorno moito menos contaminantes e invasivas. Un dos primeiros pasos que podes facer para facer da túa vivenda un lugar máis eficiente é empregar enerxías renovables como a solar fotovoltaica e a aerotermia.

Queres saber canto poderías estar a aforrar na túa casa ou negocio 👇

Anterior
Anterior

>Porque investir en fotovoltaica é una aposta segura

Siguiente
Siguiente

>Por que a unha empresa de enerxía solar preocúpanlle os pingüíns?