>Por que a unha empresa de enerxía solar preocúpanlle os pingüíns?

Onte, 25 de abril celebrouse o Día Mundial dos Pingüíns e dende Solarz queremos concienciar da importancia destes animais e lembrarvos porqué coa enerxía solar fotovoltaica estades a contribuír á súa protección. 

O quecemento global producido polo cambio climático xa é unha realidade. Os últimos rexistros climáticos foron históricos, revelando que o mundo non estivo nunca tan quente dende fai máis dun milenio. Ós científicos non só lles preocupa o aumento das temperaturas, senón tamén a súa velocidade exponencial, xa que a Terra nunca se quentara tanto coma nos últimos 30 anos.

Isto produce que os climas máis cálidos sufran secas extremas, e os climas máis tépedos coma o continental experimenten fenómenos meteorolóxicos adversos máis destrutivos. Da outra man, os climas máis fríos do planeta ven coma desaparece o xeo dos polos e o permafrost, remodelando a paisaxe, desprazando pobos enteiros e alterando ós hábitats dos animais, que ademais, ameaza con liberar microorganismos perigosos e emisións de carbono que levaban atrapados e conxelados no xeo por miles de anos.

Unha das zonas máis afectadas do planeta é a Antártida, onde a temperatura está a aumentar máis e máis rapidamente que o resto do mundo. Isto produce unha diminución do xeo mariño, minguando a presenza de algas e o descenso da abundancia de kril, afectando moi seriamente á cadea trófica alimentaria e facendo que animais coma os pingüíns véxanse directamente afectados. 

Salvar ós pingüíns é un paso indispensábel para salvar ó planeta.

O derretemento do xeo antártico pon en perigo de extinción á maioría das 18 especies de pingüíns que existen, que precisan do clima antártico e as súas masas de xeo para sobrevivir e reproducirse. 

Inda que a Antártida está a 14.800 km de Galicia, todo o que ocorre nela afecta tamén ó noso ecosistema. En Solarz non só queremos que aforres ata un 80% na factura da luz, tamén apostamos pola enerxía solar fotovoltaica porque con ela conseguimos reducir as emisións de carbono que proveñen de fontes non renovables, e deste xeito contribuír a frear o aumento da temperatura global. Con só uns pequenos xestos podemos axudar a salvar o noso planeta e os seus ecosistemas, salvándonos tamén a nos mesmos. 

Lembra que con Solarz podes solicitar o teu estudo enerxético gratuíto para coñecer canto poderías estar aforrando na factura eléctrica. Ademais, no noso estudo amosámosche tamén canto CO2 estás deixando de emitir grazas á túa instalación.

Longa vida ós pingüíns!


Longa vida ós pingüíns!

〰️

Longa vida ós pingüíns! 〰️

Anterior
Anterior

>Casas Pasivas: novas formas de vivir

Siguiente
Siguiente

>Instalacións con baterías