>Instalacións con baterías
En Solarz traballamos en cada proxecto como se fose o noso propio e por iso recomendarémosvos sempre a mellor opción, é dicir, a que se adapte mellor a vosa casa ou negocio tendo sempre en conta o consumo que precisades. Coa situación actual de inestabilidade que estamos a vivir son máis os que cada vez empezan a plantexarse outras formas de consumir enerxía, sobre todo para evitar sorpresas e aforrar. E se falamos de aforro temos que falar das baterías, unha opción que sempre que sexa posible incluímos nos nosos proxectos.
A enerxía que producimos en casa gracias ao sol pode ser: autoconsumida no momento, gardada en baterías ou acumuladores para consumir posteriormente ou vertida a rede eléctrica para recibir unha compensación económica por ela. Cando optas por unha instalación fotovoltaica na túa casa ou negocio estás aforrando de media un 60% na túa factura, pero se decides incluir baterías este aforro pode chegar a ser ato do 85%. Algúns dos nosos clientes pregúntanos se é posible obter unha independencia enerxética total cunha instalación con baterías. A resposta é sí, pero dende Solarz non o recomendamos porque isto encarecería enormemente o custo da instalación, para nós a mellor opción é apostar por unha instalación que con baterías pero que sempre esté conectada a rede eléctrica. Pero como saber que batería é a mellor para miña casa ou negocio?
Como regla xeral básica buscamos unha batería que nos axude a almacenar tanta enerxía como a que vaiamos a utilizar o día seguinte. Isto non implica que sempre vaiamos a ter enerxía na batería pero nos axúdanos a equilibrar a inversión e rendibilidade da instalación cando temos que decidir a capacidade da instalación
En Solarz traballamos con baterías de litio que son as que están pensadas para vivendas con consumos grandes ou illadas e que teñen ademais un peso moi reducido. Concretamente nós traballamos con dous fabricantes, Huawei compatibles cos inversores híbridos da mesma marca e coas do fabricante BYD compatibles cos inversores de SMA. No caso de SMA para as instalacións monofásicas utilizamos o SMA Sunny Boy Storage “non se trata de un inversor, senón dun aparato que permite conectar ao inversor SMA Sunny Boy a un acumulador solar, a pesares de non ser híbrido” . E no caso da instalación trifásicas empregamos o novo inversor híbrido de SMA.
Aquí algunas das nosas nosas instalacións con baterías
O que está claro é que un sistema con baterías integradas ofrece sempre un maior aforro na factura da luz. Co incremento imparable no prezo da luz e dos combustibles a mellor opción para evitar sorpresas é tomar o control da enerxía, é dicir, cambiarse ao autoconsumo. Queres saber mais? Solicita o teu estudo enerxético gratuíto aquí.
.