>Por que a unha empresa de enerxía solar preocúpanlle os pingüíns?
Onte, 25 de abril celebrouse o Día Mundial dos Pingüíns, e dende Solarz queremos concienciar da importancia destes animais e lembrarvos porqué coa enerxía solar fotovoltaica estades a contribuír á súa protección…
>Instalacións con baterías
En Solarz traballamos en cada proxecto como se o fose o noso propio, e por iso recomendarémosvos sempre a mellor, é dicir a que se adapte mellor a vosa casa ou negocio tendo sempre en conta consumo que precisades. Coa situación actual de inestabilidade que estamos a vivir son máis os que cada vez empezan a plantexarse outras formas de consumir enerxía, sobre todo para evitar sorpresas e aforrar. E se falamos de aforro temos que falar das baterías, unha opción que sempre que sexa posible recomendamos.
Unha nova alianza
Dende Solarz alégranos anunciar que somos o novo partner oficial de SMA Energy en España, entramos así a formar parte da rede de instaladores fotovoltaicos profesionais. SMA Energy é una empresa alemana con mais 40 anos de experiencia, presencia en 18 países e e que gracias as revolucionaria tecnoloxías en inversores conseguiu que o uso das enerxías renovables como a fotovoltaica esté ao alcance de todos. Pero, qué significa para os nosos clientes esta nova alianza?
Menos é mais
O comezo dun novo ano sempre é unha boa escusa para facer cambios na nosa vida, iniciar un proxecto que tiñamos esquecido e darlle unha volta a rutina. Sabemos que entre moitos de vos tedes entre os vosos propósitos do 2022 ser máis sostibles, pero a pregunta que moitos se fan, por onde empezo? Por iso en Solarz queremos compartir 5 cousas que podes facer este 2022 reducir a túa pegada de carbono e axudar así a frear o cambio climático.
Un ano no que medramos xuntos
O último mes do ano sempre é un bo momento para tomar aire e reflexionar. Doce meses parecen moito e case sempre pasan voando, é neste 2021 que está a piques de rematar en Solarz botamos a vista atrás é quedamos abraidos de todo o que fixemos, e por iso neste último post do ano queremos agradecervos por confiar en nós e sobre todo darvos as grazas por apostar pola enerxía solar fotovoltaica nos vosos fogares e negocios.
A enerxía solar, unha peza clave para frear o cambio climático
O pasado sábado terminou a COP26, a cume do clima que reuniu en Glasgow a máis de 200 países que tentaron sen moito éxito chegar a un acordo internacional para poñer freo a este cambio climático que xa estamos vivindo. Dende Solarz sabemos que a enerxía solar non só é unha via de aforro para os fogares e negocios, senón que é unha das pezas clave da transformación enerxética que debemos facer para diminuír o uso dos combustibles fósiles.
Canto se tarda en amortizar unha instalación?
Esta é unha das preguntas máis frecuentes, e como somos galegos imos a contestar con algo moi galego, pois depende. É certo que a amortización de cada instalación depende de moitas variables: tipo de vivenda ou negocio, o consumo enerxético, tipo de instalación…
Como aforrar na factura da luz?
Que o prezo da luz non para de subir non é novidade, o problema é que esta tendencia de subida nos prezos non parece que vai a parar. Coa chegada do outono e inverno son moitos os que pensan como afrontar os gastos en electricidade nos seus negocios e vivendas.
Climas nubrados e enerxía solar
Existe unha crenza popular de que os paneis solares non producen enerxía nos días nubrados e dende Solarz comunicámosche que esta información é falsa. Somos unha empresa galega e xa temos escoitado máis dunha vez iso de, pero en Galicia co tempo que fai, paga a pena poñer enerxía solar? Se queres aforrar de verdade a resposta é moi sinxela: SI.
Axudando ao planeta
O aforro económico é o que move a maior parte da xente a instalar paneis solares fotovoltaicos, sobre todo en fogares e negocios que teñen un consumo de electricidade alto. Pero existe outra razón de peso a ter en conta, que é o que deixas de contaminar cando decides producir e consumir a túa propia enerxía grazas ao sol.
A nova factura da luz
A finais de maio xa vos adiantamos en redes os cambios da nova factura da luz, e hoxe queremos explicarvos cun pouco máis de profundidade en que consisten estes cambios. O 1 de xuño entrou en vigor esta nova factura a 2.0 TD, os cambios afectarán principalmente a todos os fogares que estean baixo unha comercializadora regulada. Como xa saberás, a partir de agora teremos tres franxas horarias con distintos prezos, aquí deixamosche un resumo:
Aforra por partida dobre
Cando decides tomar o control da enerxía dispoñible de maneira gratuíta a través do sol e do aire, estás a apostar por un futuro sostible que ademais pode facerche aforrar ata un 80% dos teus gastos anuais en electricidade, calefacción e aire acondicionado.